ELAS SEMPRE PINTAN MOITO – PROXECTO 8 DE MARZO

Dende o equipo da biblioteca queremos aportar o noso gran de area na loita contra a lacra que estamos a vivir na nosa sociedade, e reivindicar os dereitos da muller en igualdade cos do home.

 

O contexto que nos motivou á posta en práctica deste proxecto foi a forza do tema desenvolvido por Ángeles Caso no seu libro Ellas mismas; posto que nos pareceu un estupendo manifesto en prol do papel da muller. Decidimos traballar o tema da Igualdade de Xénero desta maneira orixinal, facendo así fincapé na educación para o respecto cara á muller que, a pesares de estarmos xa no Século XXI, segue a estar tan denostado e cousificado.

 

Escollimos sete pintoras do libro de Ángeles Caso para representar os seus autorretratos, crear poesías para cada unha delas e facer vídeos recreando os aspectos máis relevantes das súas vidas e obras…engadimos a Lita Cabellut, que agora mesmo ten as súas obras expostas no museo MAC de A Coruña; ás galegas Elvira SantisoCarmen Corredoira e a nosa paisana Begoña Marmoyer porque temos no cole un autorretrato a pastel dela. 

As 12 láminas para o kamishibai xa están preparadas coas fotos e as fermosas poesías creadas polos alumnos e pola profe de lingua Angélica Sánchez Mesías, baixo a coordinación da nosa artista de cabeceira a profe Elena López Nores …NORABOA A TOD@S!!!

 

PODEDES VELAS AQUÍ!!

 

TEDES MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA 

E NO BLOG DE LINGUA DE ESO!!!