CIRCULAR INFORMATIVA

Estimadas familias:

 

Ante a convocatoria de folga realizada polas Federacións e Organizacións Sindicais para o próximo xoves día 8 de marzo e que afecta a todos os sectores, dende a dirección queremos informar que no horario lectivo realizaranse os Servizos Mínimos que se establecen dende a Consellería. Estes servizos consistirán na Vixilancia e Coidado do alumnado que asista ao Centro Escolar ante a imposibilidade de garantir o desenvolvemento normal das clases.

 

Reciban un saúdo.

 

A DIRECCIÓN