XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

O pasado día 27 de febreiro asistimos cos alumnos de 4º da ESO á I Xornada de Orientación Académica e Profesional de Ferrol. Resultou moi interesante e aportounos información sobre diferentes estudos e profesións. Os nosos alumnos non perderon a ocasión para informarse sobre os diferentes camiños que poden seguir ao rematar a súa etapa na educación secundaria.