Festival Disfraces

Con motivo das festas de entroido, o ANPA celebra un festival de disfraces para todos os escolares na sala de festas “A Concha” no Val o vindeiro 8 de febreiro, entre as 16:00 e as 20:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros e inclúe unha consumición na propia sala. Co gallo de racaudar fondos para as excursións, os rapaces de 5º e 6º de primaria e de 2º, 3º e 4º da ESO poderán recoller na oficina da ANPA ( luns, mércores e venres de 08:50 a 09:10) rifas para un sorteo dunha cesta con productos de carnaval que se sorteará o día 8 na festa de disfraces. O resto dos rapaces/as poden participar tamén na venda de rifas. Os fondos recaudados quedarán para as diferentes actividades que se organicen dende o ANPA.

Agardando como sempre a vosa colaboración, recibe un agarimoso saúdo.

ANPA ARCO DA VELLA