CONCURSO CONTOS SAMAIN

Foron moitos/as os nenos/as que participaron neste concurso de contos. A todos/as eles/as, grazas.

Grazas por facernos pasar uns momentos tan agradables lendo os seus relatos tan divertidos.

Foi moi difícil para o xurado elexir aos gañadores, pero había que decidirse…

Na categoría de infantil resultou gañadora Brenda Calviño pola súa orixinalidade e mistura de distintas técnicas de debuxo e collage.

Paula Morado Gato, Sara González Canosa, Daniela Pardo Rey, Zache Martínez Díaz e David Merino levaron unha mención especial.

Na categoría de 1º e 2º primaria Noelia Moreno deslumbrounos coa gran cantidade e calidade dos detalles introducidos no debuxo, levando o primeiro premio.

E recibiron mención especial Nerea Hermida Vázquez e Bea Ferreira Da Mota.

Na categoría 3º e 4º de primaria Antía Pérez Arto asombrounos pola boa presentación e orixinalidade ao escribir un relato dende o punto de vista dos monstros. Mencións especiais para Martín Nouche Vidal e Xabi Leira Fernández

En 5º e 6º de primaria Yago Díaz Vieites deixounos imprsionados co seu relato pola mestura de realidade e ficción que contén “O espíritu na escola”. Varias mencións especiais para Laura Rodríguez Pena, Luisa López Fraguela, Marta Del Río Sánchez e André Romero Veiga.

E na categoría ESO, o xurado acordou otorgarlle o premio a Laura Rodríguez López, polo seu estilo desenfadado e o orixinal plantexamento da historia dende o punto de vista dos mortos en “El misterio del mundo monstruoso”.

Agardadamos con impaciencia o próximo ano para volver a ler os vosos relatos!!!