GALAXIA 3D

Todos os que desfrutamos coa astronomía sentímonos abraiados polas incribles imaxes que o longo do tempo capturou o telescopio Hubble. Pero nós imos melloralo!! Neste traballo traballamos dous aspectos: Por un lado, cun holograma construído polas nenas/o, poderemos ver unha das imaxes do Hubble en 3D! desta forma aprenderemos como se forman esas imaxes e como enganamos ó cerebro. Por outro lado, xa que a imaxen escollida é unha galaxia, estudaremos que é unha galaxia, e como o descubrimento da primeira galaxia, Andrómeda, polo gran astrónomo Hubble, no que aquela ‘nebulosa borrosa’ resultou ser unha galaxia como a nosa , mudou para sempre o nosa imaxen do Universo.

Este traballo foi elaborado por Clara Grela, Saínza Rivas e Antón Romero